Aplicación mensaxería educativa "Sixa_Familias"

O IES Rosalía Mera, co obxecto de comunicarse  de forma rápida e sinxela coas alumnas/os e as/os responsables do alumnado menor de idade, está a empregar  unha aplicación para o móbil denominada Sixa Familias. Deste xeito tanto o alumnado como os as/os seus responsables poderán ter información inmediata sobre: faltas de asistencia, reunións, notas do alumnado, datas das entrevistas coas titoras e titores, etc.

As alumnas/os e as/os responsables do alumnado menor de idade  que o desexen poden darse de alta seguindo os pasos que a continucación se detallan:

1º) Ir a Google Play ou Mac APP Store e buscar a aplicación Sixa-Familias.

2º) Descargar a aplicación no móbil (Android, Ios ou Windows Phone). Isto pódese facer directamente desde o seguinte enlace

 

3º) Abrir a aplicación e seleccionar centro: IES Rosalía Mera.

4º) Introducir o identificador/usuario e contrasinal que se lles facilitou desde a Secretaría do centro.

 

Unha vez que xa estean dada/os de alta xa poderemos poñernos en contacto con vostedes a través da aplicación. Se ben, no caso de non ter teléfono móbil con conexión de datos,  seguirase a empregar o correo electrónico para comunicarnos coas alumnas/os e responsables do alumnado.

 

Nota:  Recordámoslles que poden cambiar, en calquera momento, o contrasinal facilitado premendo no enlace "mudar contrasinal", que se atopa na esquina superior dereita da aplicación.


SE TE OLVIDAS DO CONTRASINAL PODES ACCEDER AO SEGUINTE ENLACE

RESTAURAR CONTRASINAL

 

 

 

 

 

comunicación entre centros educativos, profesores, alumnos y padres