Aplicación mensaxería educativa "Sixa_Familias"

O IES Rosalía Mera, co obxecto de comunicarse  de forma rápida e sinxela coas alumnas/os e as/os responsables do alumnado menor de idade, está a empregar  unha aplicación para o móbil denominada Sixa Familias. Deste xeito tanto o alumnado como os as/os seus responsables poderán ter información inmediata sobre: faltas de asistencia, reunións, notas do alumnado, datas das entrevistas coas titoras e titores, etc.

As alumnas/os e as/os responsables do alumnado menor de idade  que o desexen poden darse de alta seguindo os pasos que a continucación se detallan:

1º) Ir a Google Play ou Mac APP Store e buscar a aplicación Sixa-Familias.

2º) Descargar a aplicación no móbil (Android, Ios ou Windows Phone). Isto pódese facer directamente desde o seguinte enlace

 

3º) Abrir a aplicación e seleccionar centro: IES Rosalía Mera.

4º) Introducir o identificador/usuario e contrasinal que se lles facilitou desde a Secretaría do centro.

 

Unha vez que xa estean dada/os de alta xa poderemos poñernos en contacto con vostedes a través da aplicación. Se ben, no caso de non ter teléfono móbil con conexión de datos,  seguirase a empregar o correo electrónico para comunicarnos coas alumnas/os e responsables do alumnado.

 

Nota:  Recordámoslles que poden cambiar, en calquera momento, o contrasinal facilitado premendo no enlace "mudar contrasinal", que se atopa na esquina superior dereita da aplicación.

 

SE NECESITAS RESTAURAR O TEU CONTRASINAL OU QUERES ACCEDER DIRECTAMENTE A SIXA FAMILIAS  COPIA O SEGUINTE ENLACE:

https://iesrosaliamera.sixa.es