Técnico superior en mecatrónica industrial

       

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: CSIMA03

 

Que se aprende a facer?

Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
 

Onde se realiza o traballo?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
 

En que postos de traballo?

Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
 

Que título se obtén?

Técnico Superior en Mecatrónica Industrial.
 

Entidades colaboradoras.

 

 

 

Curriculo oficial.

 

 

Horarios

    Actividades

    Xornada de portas abertas na Escola de Naútica da UDC

    Naútica
    Marzo
    Os alumnos de primeiro do CS de Mecatrónica Industrial asistiron a unha xornada de portas abertas na Escola de Naútica da UDC.

    Visitas técnicas Mecatrónica 2023/2024

    Febreiro
    Tódolos anos facemos as nosas visitas técnicas, nas que completamos a formación dos nosos alumnos acudindo a empresas de primeira liña. O obxetivo destas visitas é que os alumnos podan ver o traballo real no día [...]