O módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora é un módulo que pretende proporcionar aos alumnos ferramentas e procedementos elacionados coa cultura emprendedora, que lles permitan analizar a posibilidade de crear e gestionar unha empresa no seu sector profesional, como modo de acceso ao mundo laboral.
APRENDERÁS A:
- Desenvolver o espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e creatividade.
- Decidir sobre a oportunidade de crear unha pequena empresa para o desenvolvemento dunha idea emprendedora, analizando a contorna, o proceso produtivo, a organización dos recursos humanos, os valores culturais e éticos e a responsabilidade social
- Seleccionar a forma xurídica máis adecuada tendo en conta as implicaciones legais asociadas á mesma e o proceso de constitución e posta en marcha.
- Realizar as actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena empresa.
- Coñecer as principais obrigacións fiscais e contables dunha pequena empresa.
- Elaborar un plan de empresa como paso previo á creación dunha pequena empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, o proceso produtivo e os recursos necesarios, a responsabilidade social, o plan de marketing, o estudo de viabilidad económica e financeira e a elección das forma xurídica máis adecuada.
