Técnico superior en mecatrónica industrial

       

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: CSIMA03

 

Que se aprende a facer?

Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
 

Onde se realiza o traballo?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
 

En que postos de traballo?

Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
 

Que título se obtén?

Técnico Superior en Mecatrónica Industrial.
 

Entidades colaboradoras.

 

Curriculo oficial.

 

 

Horarios

    Actividades

    G-NIGHT24

    ETS Náutica e Máquinas
    Os alumnos de 2º de Mecatrónica acudiron a ETS de Naútica da UDC para participar na G-Night24, evento no que os investigadores das universidades, centros tecnolóxicos e demais entidades adicadas a investigación dan [...]

    PROXECTOS MECATRÓNICA 2023/24

    Xuño
    Como é costume nos últimos anos, os alumnos de 2º de Mecatrónica traballaron os seus proxectos de fin de grao de forma transversal en distintos módulos e desde o comezo de curso. Esta forma de traballos permite [...]