Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MMAM02
Que se aprende a facer?
Instalar elementos de carpintaría e estruturas de madeira e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, axuste e acabamento, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas dedicadas á montaxe e a instalación de carpintaría e amoblamento, e á aplicación de produtos de acabamento para o retoque.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipos de carpinteiros de madeira, carpinteiro/a de armar en
construción,carpinteiro/a en xeral, carpinteiro/a de decorados, ebanista e traballador/ora asimilado/a,montador/ora instalador/ora de mobles, fabricante de estruturas de madeira e pezas de carpintaría e ebanistería para a construción.
Que título se obtén?
Técnico en instalación e amoblamento.
Currículo oficial