Familia: Artes gráficas
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MARG02
Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de ensamblaxe para publicacións electrónicas, tratamento e compaxinación de textos e imaxes, imposición de páxinas, obtención dixital das formas impresoras e impresión con procedementos dixitais, asegurando a calidade e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas de artes gráficas, prensa, editoriais, comunicación, publicidade, servizos gráficos e de publicacións multimedia, ou en calquera sector produtivo cuxas empresas requiran un departamento de preimpresión dixital que poida ter sección de dixitalización de imaxes, realización de publicacións electrónicas, tratamento de textos e imaxes,compaxinación e maquetaxe, imposición de páxinas, obtención dixital de formas impresoras e impresión dixital.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en preimpresión, técnico/a en tratamento de textos, técnico/a en tratamento de imaxes, maquetador/ora compaxinador/ora dixital, técnico/a en publicacións electrónicas e multimedia, preparador/ora de ficheiros dixitais, escanista especialista de cor, técnico/a en imposición dixital, operador/ora de equipamentos de filmación de computador a prancha (computer to plate - CTP), operador/ora de equipamentos de filmación de computador a pantalla (computer to screen - CTS), operador/ora de equipamentos de filmación de computador a fotopolímero (computer to photopolymer - CTP), técnico en impresión dixital.
Que título se obtén?
Técnico en preimpresión digital.
Currículo oficial