Técnico superior en mecatrónica industrial

       

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: CSIMA03

 

Que se aprende a facer?

Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
 

Onde se realiza o traballo?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
 

En que postos de traballo?

Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
 

Que título se obtén?

Técnico Superior en Mecatrónica Industrial.
 

Entidades colaboradoras.

 

Curriculo oficial.

 

 

Horarios

    Actividades

    Visita ó CITENI e ó CIS

    Ferrol
    Marzo 2024
    O pasado venres 22 de marzo, os alumnos de 2º de Mecatrónica tiveron ocasión de visitar o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)  e o CIS Tecnoloxía e Deseño [...]

    Xornada de portas abertas na Escola de Naútica da UDC

    Naútica
    Marzo
    Os alumnos de primeiro do CS de Mecatrónica Industrial asistiron a unha xornada de portas abertas na Escola de Naútica da UDC.