Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MFME02
Que se aprende a facer?
Executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
Onde se realiza o traballo?
Nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.
En que postos de traballo?
Soldador/ora e oxicortador/ora. Operador/ora de proxección térmica. Chapista e
caldeireiro/eira. Montador/ora de estruturas metálicas. Carpinteiro/eira metálico/a. Tubeiro/eira industrial de industria pesada.
Que título se obtén?
Técnico en soldadura e caldeiraría.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
Currículo oficial