Os obxectivos deste módulo é que o alumno identifique e valore as oportunidades de aprendizaxe e emprego, e que analice as ofertas e demandas do mercado laboral que lle permitan gestionar a súa propia carreira profesional; que coñeza os dereitos e as obrigacións derivadas da lexislación laboral; que coñeza a normativa básica en materia de prevención de riscos laborais e que poida participar activamente, con principios de responsabilidade e tolerancia , nun equipo de traballo.
APRENDERÁS A:
- Recoñecer os dereitos e obrigacións dos traballadores por conta allea e dos empresarios en materia de saúde laboral.
- Evaluar situacións de risco derivadas da súa actividade profesional e participar na elaboración dun plan de prevención de riscos identificando as responsabilidades de todos os axentes implicados.
- Participar responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.
- Recoñecer os dereitos e obrigacións dos traballadores por conta allea e dos empresarios derivadas da lexislación laboral e de seguridade social.
- Coñecer a acción protectora do sistema da seguridade social identificando as distintas prestaciones.
- Planificar o seu itinerario profesional, seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da súa vida.
CURSO PRIMEIROS AUXILIOS