Técnico superior en mecatrónica industrial

       

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: CSIMA03

 

Que se aprende a facer?

Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
 

Onde se realiza o traballo?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
 

En que postos de traballo?

Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
 

Que título se obtén?

Técnico superior en mecatrónica industrial.
 

Entidades colaboradoras.

 

 

 

Curriculo oficial.

 

 

Horarios

    Actividades

    PROXECTOS MECATRÓNICA 2021/22

    Xuño 2022
    Este curso os alumnos de 2º do CS de Mecatrónica Industrial traballaron o seu proxecto final de ciclo pola metodoloxía por proxectos, o que permitiu elaboralo de forma interdisciplinar entre os distintos módulos.

    VISITAS TÉCNICAS MECATRÓNICA 2021/22

    03/03/2022
    Realizaronse as seguintes visitas técnicas: - Os alumnos de primeiro, visitaron o 03/03/22 as instalacións de Finsa en Santiago. O día 04/03/22 acudiron a unha visita guiada no Muncyt. - os alumnos de segundo tiveron unha [...]