Técnico superior en mecatrónica industrial

       

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: CSIMA03

 

Que se aprende a facer?

Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
 

Onde se realiza o traballo?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
 

En que postos de traballo?

Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
 

Que título se obtén?

Técnico Superior en Mecatrónica Industrial.
 

Entidades colaboradoras.

 

 

 

Curriculo oficial.

 

 

Horarios

    Actividades

    Demostración de ferramenta abrasiva

    IES Rosalía Mera
    Xaneiro
    Formación sobre máquinas abrasivas organizada polo Departamento de Mecanizado.

    SKILLS 2023

    Silleda
    Un ano máis o noso centro participou nas Skills, competición na que os centros mostran o bo facer do seu alumnado nos diferentes ciclos.