Grao medio en soldadura e caldeirería

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MFME02

 

Que se aprende a facer?

Executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
€

Onde se realiza o traballo?

Nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.
€

En que postos de traballo?

Soldador/ora e oxicortador/ora. Operador/ora de proxección térmica. Chapista e
caldeireiro/eira. Montador/ora de estruturas metálicas. Carpinteiro/eira metálico/a. Tubeiro/eira industrial de industria pesada.
 

Que título se obtén?

Técnico en soldadura e caldeiraría.
€

A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
 

Currículo oficial

Horarios

    Actividades

    Demostración de ferramenta abrasiva

    IES Rosalía Mera
    Xaneiro
    Formación sobre máquinas abrasivas organizada polo Departamento de Mecanizado.

    SKILLS 2023

    Silleda
    Un ano máis o noso centro participou nas Skills, competición na que os centros mostran o bo facer do seu alumnado nos diferentes ciclos.