– Denominación: Artes Gráficas.
– Nivel: formación profesional básica.
– Duración: 2.000 horas.
– Familia profesional: Artes Gráficas.
– Referente europeo: CINE-3.5.3 (Clasificación Internacional Normalizada da
Educación).
– Sistema Educativo: LOE
Que se aprende a facer?
Realizar traballos de reprografía e operacións básicas de apoio á produción, a manipulación e a finalización de produtos gráficos, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais e de seguridade e hixiene no traballo vixentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en departamentos de impresión, encadernación, manipulacións e transformacións en pequenas, medianas ou grandes industrias gráficas con niveis organizativos e tecnolóxicos moi diversos. Ademais, poden exercer a súa actividade por conta propia en pequenas empresas de reprografía, ou por conta allea en empresas de artes gráficas, de multiservizos gráficos e de comunicación gráfica e visual, así como en departamentos específicos de reprografía de calquera tipo de organización. Intégrase xeralmente nun equipo de traballo, onde desempeña as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa dunha persoa responsable.
Que ocupacións desempeñan?
Operario/a de reprografía; operario/a de acabamentos de reprografía; auxiliar técnico/a de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de taller en industrias gráficas; axudante de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de máquinas e equipamentos de produción gráfica; operario/a de manipulacións de papel, cartón e outros materiais; operario/a de oficios auxiliares de papel, cartón e outros materiais; manipulador/ora de produtos de xigantografía; peón da industria gráfica.
Que título se obtén?
Título profesional básico en Artes Gráficas.
A que outros estudos se pode acceder?
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:
- Administración e xestión
- Artes gráficas
- Comercio e márketing
- Téxtil, confección e pel
- Vidro e cerámica
Currículo oficial
http://www.edu.xunta.es/fp/familias-profesionais?familia=ARG&grao=B