Familia: Artes gráficas
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: M05002
Que se aprende a facer?
Realizar as operacións necesarias para a produción de impresos e obtención de formas impresoras, controlando e mantendo en primeiro nivel as máquinas e equipos necesarios para obter a citada produción coa calidade, seguridade e prazos establecidos.
Onde se realiza o traballo?
Montaxe e control do funcionamento dun tipo de máquinas (impresora, "insoladora", filmadora, prensa de probas, procesadora...), trazado e distribución da obra que se vai imprimir.
En que postos de traballo?
Técnico de impresión. Impresor de fotogravado. Impresor de offset. Impresor de flexografía. Impresor de serigrafía. Maquinista de fotogravado, offset, flexografía e serigrafía.
Que título se obtén?
Técnico en impresión en artes gráficas.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
Currículo oficial
http://www.edu.xunta.es/fp/ciclo/M05002