Grao medio en soldadura e caldeirería

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MFME02

 

Que se aprende a facer?

Executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
€

Onde se realiza o traballo?

Nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.
€

En que postos de traballo?

Soldador/ora e oxicortador/ora. Operador/ora de proxección térmica. Chapista e
caldeireiro/eira. Montador/ora de estruturas metálicas. Carpinteiro/eira metálico/a. Tubeiro/eira industrial de industria pesada.
 

Que título se obtén?

Técnico en soldadura e caldeiraría.
€

A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
 

Currículo oficial

Horarios

    Actividades

    SKILLS 2023

    Silleda
    Un ano máis o noso centro participou nas Skills, competición na que os centros mostran o bo facer do seu alumnado nos diferentes ciclos.  

    G-NIGHT23

    ETS Náutica e Máquinas
    29/09/2023
    Os alumnos de 2º de Mecatrónica participan na G-Night23, evento no que os investigadores das universidades, centros tecnolóxicos e demais entidades adicadas a investigación dan a coñecer o seu [...]