Grao medio en mecanizado

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MFME01

 

Que se aprende a facer?

Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
€

Onde se realiza o traballo?

En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
€

En que postos de traballo?

Axustador/a operario/a de máquinas ferramenta, pulidor/a de metais e afiador/a de ferramentas, operador/a de máquinas para traballar metais, operador/a de máquinas ferramenta, operador/a de robots industriais, traballadores e traballadoras da fabricación de ferramentas, mecánicos/as e axustadores/as, modelistas matriceiros/as e asimilados. Torneiro/a, fresador/a e mandrinador/a.
 

Que título se obtén?

Técnico en mecanizado.
€

A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
 

Observacións:

Decreto de modificación:
  • DECRETO 38/2010, do 18 de marzo, polo que se modifican os decretos 216/2008, 218/2008, 222/2008 e 224/2008, do 25 de setembro, polos que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao medio correspondentes aos títulos de técnico en emerxencias sanitarias, técnico en cociña e gastronomía, técnico en mecanizado, e técnico en panadaría, repostaría e confeitaría, e os decretos 221/2008 e 226/2008, do 25 de setembro, polos que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao superior correspondentes aos títulos de técnico superior en educación infantil, e técnico superior en laboratorio de análise e de control de calidade.

 

Currículo oficial

http://www.edu.xunta.es/fp/ciclo/MFME01

Horarios

    Actividades

    G-NIGHT24

    ETS Náutica e Máquinas
    Os alumnos de 2º de Mecatrónica acudiron a ETS de Naútica da UDC para participar na G-Night24, evento no que os investigadores das universidades, centros tecnolóxicos e demais entidades adicadas a investigación dan [...]

    PROXECTOS MECATRÓNICA 2023/24

    Xuño
    Como é costume nos últimos anos, os alumnos de 2º de Mecatrónica traballaron os seus proxectos de fin de grao de forma transversal en distintos módulos e desde o comezo de curso. Esta forma de traballos permite [...]