Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOE
Grao: Básico
Horas: 2000
Código: BMAM01
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral.
Que ocupacións desempeñan?
Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral; montador/ora de mobles de madeira ou similares; montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría; montador/ora de envases e embalaxes de madeira e similares; acabador/ora de mobles de madeira; acoitelador/ora e vernizador/ora de parqué; vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira; vernizador/ora e lacador/ora de mobles de madeira; operador/ora de tren de acabamento de mobles; embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man; peón da industria da
madeira e da cortiza; tapiceiro/a de mobles.
Que título se obtén?
Título profesional básico en Carpintaría e moble.
A que outros estudos se pode acceder?
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Fabricación mecánica
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Marítimo-pesqueira
- Transporte e mantemento de vehículos
Currículo oficial
www.edu.xunta.es/fp/ciclo/BMAM01