O alumnado que cumpra os requisitos para acceder á FP Básica deberá presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante segundo o ANEXO I
Documentación que se deberá presentar, xunto coa solicitude?
- Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
- Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
- Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade
- Certificación académica, se procede, do centro onde cursou o último curso.
Prazo para presentar a solicitude de admisión?
Desde o luns 1 ata as 13.00 horas do xoves, 10 de setembro de 2021
Onde se presenta a solicitude?
A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Para máis información podedes pinchar en FP Básica