Residencia

Certame de Fotografía "Un 2020 de foto"

cartel certame fotografico 2020 comprimido.jpg
Do 20 ao 30 de outubro

Aberto o prazo para participar  no Certame de Fotografía do IES Calvo Sotelo. Nesta cuarta edición "Un 2020 de foto", o obxectivo é que reflexedes mediantes as fotos, a vosa visión individual de este ano tan peculiar no que nos atopamos. 

Cada participante poderá presentar unha fotografía orixinal que terá que ser sacada con teléfono móbil. O prazo de presentación remata ás 12:00h do venres 30 de outubro.

Compre a presentación dun mínimo de cinco fotografías para poder levar a cabo o certame.

Unha vez pechado o prazo, tódalas fotografías participantes serán expostas no hall de entrada do IES entre o 9 e o 12 de novembro e se abrirán as votacións a todo o alumnado e persoal do centro.  Será o día 12 cando se contabilicen estas votacións e se coñeza a fotografía gañadora que terá como premio unha tarxeta regalo valorada en 50€.

Tódolos/as participantes recibirán  a súa fotografía da exposición impresa e ademáis, sortearase un agasallo entre tódolos votantes.

A continuación, pódense consultar as bases de participación.