Residencia

SEMANA DE ENTROIDO

cartel semana entroido 2022.jpg

Comezan os festexos para celebrar o entroido na Residencia do IES Rosalía Mera.

Durante toda a semana os/as residentes poderán participar no xogo de seguir ao Meco, todos os días dará unha nova orde.

O lunes e martes, na actividade Recreando, prepararanse os decorados para o Cluedo que se celebrará durante a noite do mércores. "O Crime de Villa Mendoza" é un xogo de rol en vivo no que os/as participantes terán que resolver un asasinato investigando aos diferentes personaxes da trama e rastrexando os escenarios da mesma, na procura de pistas. Con esta actividade poñerán a proba a súa destreza, enxeño e capacidade de dedución para atopar ao asasino.

Para terminar a semana, o xoves celebrarase un xantar especial de entroido con cocido, laconada, orellas e filloas. Xa de noite haberá unha proxección relacionada coa temática do entroido.