O vindeiro luns 21 de novembro de 2022 de 16:30 a 18:00 h, o alumnado residente do IES Rosalía Mera poderá participar no obradoiro sobre educación sexual para adolescentes "Falando da Sexualidade" do programa Quérote +.
Neste obradoiro se traballará desde a visión sexolóxica de que todo ser humano desenvólvese como ser sexuado que é, de aquí a necesidade de que a educación sexual plural e sen exclusións, teña presenza ao longo do ciclo vital de forma que sirva de ferramenta para coñecerse, aceptarse e vivirse satisfactoriamente.
Na adolescencia aflora a expresión do desexo, o reclamo da intimidade, as primeiras decisións de compartir ou non encontros sexuais e as condicións nas que se desexa acontezan, as primeiras relacións de parella, e cómpre ter unha información fiable previa para poder sentirse seguros/as para decidir actuar sentíndose coherentes consigo mesmos.
Obxectivos: