Residencia

Rompe o silencio III

cartel rompe silencio iii.jpg

Os vindeiros días 23, 24, 25 de novembro e 1 de decembro, a asociación "Tierra de Hombres" impartirá un obradoiro na residencia do IES Calvo Sotelo para distintos grupos de residentes.

 

Este obradoiro busca sensibilizar sobre a violencia e violencia sexual co obxectivo de visibilizar esta problemática real, previr dita violencia e paliar as súas consecuencias. Farase especial fincapé na violencia de xénero e o bullyng. Para iso traballarase a adquisición de coñecementos sobre mecanismos de actuación en caso de ser vítimas ou identificar un posible caso, e en construír relacións positivas baseadas na igualdade e en como evitar a escaleira da violencia.