A Consellería de Educación ven de publicar as listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do luns 12 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 14 de xullo de 2021.
PARA OBTER O CÓDIGO PERSOAL DE CONSULTA ►
As listaxes, onde as persoas interesadas podedes consultar se estades admitid@s, garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC).
Para saber como se obten o CPC ir a: Instrucións para obter o código persoal de consulta e Acceso á aplicación informática
PARA CONSULTAR AS LISTAXES ►
Réxime ordinario
Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
Modalidade distancia
Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.
A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.
Para máis información ir a CICLOS FORMATIVOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN