Secretaría

Publicación das listaxes de admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 20201


Martes, 20 de xullo de 2021

A Consellería de Educación, Univrsidade e Formación Profesional ven de publicar as listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.

  1. Instrucións para obter o código persoal de consulta
  2. Acceso á aplicación informática

Réxime ordinario 

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 20 de xullo ata as 13:00 horas do luns 26 de xullo de 2021. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

(Mirar en Admisión a ciclos formativos)

Para máis información ir   ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS da páxina da Consellería de Educación

Outras novas