Secretaría

VIII CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

guion violencia xenero.png
xoves, 28 de outubro de 2021

A área de Igualdade de xénero da Deputación da Coruña convoca a  8ª edición do Concurso de Guións contra a violencia de xénero co obxecto de promover a elaboración  dun guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia vicaria como forma de control e dominación.

 

O Concurso vai dirixido a alumnado con idades comprendida  entre 12 a 18 anos,  que presenten guións de forma individual ou en grupos de ata 6 persoas, supervisados e titorizados por persoal docente do centro de ensino público no que estean cursando estudos e que conten co apoio da Dirección do centro. Con este certame preténdese que creen debate, mobilización, e fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a violencia exercida sobre as fillas/os da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa finalidade de causarlle o maior sufrimento psicolóxico e na súa saúde, por parte de quen sexa ou fora o seu cónxuxe ou quen mantivo unha relación análoga de afectividade aínda que sen convivencia.

Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso.

O prazo de presentación de traballos remata o próximo 30 de novembro de 2021.

 

As persoas interesadas poden obter máis información sobre participantes, temática, formato, premio, prazos e  forma de presentación no seguinte enlace: BASES DO CONCURSO

 

Outras novas