Xa temos o disfrace gañador do Concurso de Disfraces Entroido 2021 IES Calvo Sotelo!
Parabéns ao autor do disfrace gañador, e á gañadora do sorteo (J.deC.) realizado entre todos/as os/as votantes. Poñerémonos en contacto para indicarlles como recoller os seus premios.
A todos os participantes, lembrar que podedes recoller a vosa fotografía a partir do mércores 3 de marzo na conserxería do IES.
Moitas grazas pola vosa participación e encher cun pouco de cor este entroido!