Aberto o prazo de inscrición para participar como equipo e/ou árbitro na nova edición do Torneo de Fútbol Sala do IES Calvo Sotelo. O último día para anotarse é o 20 de decembro de 2018.
Poderá participar no torneo todo o alumnado que estea matriculado no IES Calvo Sotelo no curso 2018/2019. Antes de realizar a inscrición deberedes consultar as bases que regulan o torneo: formación dos equipos, datas e horarios do torneo, reglas e normas de competición, normativa displinaria e agasallos.
Os equipos e/ou árbitros que queiran participar no torneo poderán solicitar o impreso de inscrición e entregalo en conserxería, ou poderán cubrir a inscrición online premendo nos seguintes enlaces:
Está previsto que o torneo comece o martes 15 de xaneiro de 2019, publicaranse as datas estimadas de competición entre o 8 e o 11 de xaneiro de 2019.