Este Punto Laranxa funcionará como un buzón a través do cal o alumnado, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso propias ou ciberacoso que sufran perciban en terceiros.
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
SE ESTÁS A SUFRIR OU COÑECES ALGÚN POSIBLE CASO DE ACOSO OU CIBERACOS, AXÚDANOS A PARALO!
NON QUEDES CALAD@, ESCOITÁMOSTE!
1º) Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segur@.
2º) Localiza os Punto Laranxa no noso centro (zona das galerías)
3º) Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar).
Lembra que tamén podes enviarnos a túa mensaxe ao Punto Laranxa Virtual