Xoves, 2 de setembro de 2022
O alumnado ao que se lle adxudicou un praza o día 2 de setembro (3ª adxudicación) nun dos ciclos formativos de Grao Medio ou Superior do IES Rosalía Mera deberá realizar a matrícula na secretaría deste centro educativo no prazo improrrogábel que abrangue desde o XOVES, 2 DE SETEMBRO ATA O MARTES, 6 DE SETEMBRO DE 2022.
O alumnado ao que se lle adxudicou unha praza nun dos tres ciclos formativos de FP BÁSICA do IES Rosalía Mera deberá realizar a matrícula na secretaría deste centro educativo desde o 20 de XULLO.
IMPRESOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA TRAMITAR ALTA DE MATRÍCULA:
►Impreso de matrícula:
NOTA: no caso do alumnado de menor de idade deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal e no caso de estar separad@s @s proxenitores deberán estar asinada por ambos, tendo que achegar copia do convenio regulador ou sentencia de divorcio).
►Documentación:
- 3 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
- Fotocopia DNI (+ DNIes nai e pai en caso de menores de idade)
- Certificación académica na que conste que foi proposto para o título co que accede ao ciclo e as taxas do mesmo pagadas (para alumnado de Ciclo Medio e Superior).
- Informe facultativo e resolución de recoñecemento do grao de discapacidade (para o alumnado que accede pola cuota de diversidade funcional)
- Comunicación de incorporación á FP Básica ( modelo anexo IV)
Para máis información sobre o proceso de matriculación podedes acceder ao seguinte enlace Tramitación de matrículas