Certame de teatro

ABERTA A INSCRICIÓN NO XXV CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

a3_cartel-certame-teatro_web.jpg

Aberta a inscrición no XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o domingo 3 de marzo de 2024 (inclusive).

Unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representación das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e xuño; nos días consignados no formulario de inscrición.

Toda a información relativa ao certame está a disposición das persoas interesadas na sección de bases e inscricións.