Secretaría

MATRÍCULA DE ALUMNADO DE 2º CURSO DE CICLO FORMATIVO PROFESIONAL. CURSO 2023-2024


Mércores, 14 de xuño de 2023

O alumnado do IES Rosalía Mera que promociona de 1º a 2º curso dun ciclo de grao medio ou superior, así como o alumnado que ten que repetir 2º curso ou que queira facer as FCT no período out-dec neste centro DEBERÁ PRESENTAR SOLICITUDE DE MATRÍCULA na Secretaría do IES entre o 23 de XUÑO ao 5 de XULLO ás 13.00 horas

 

Para descargar a solicitude de matrícula e autorizacións que hai que presentar debidamente asinadas na secretaría pincha  o seguinte enlace:

 

IMPRESOS PARA TRAMITAR ALTA DE MATRÍCULA NO IES ROSALÍA MERA

 
Nota: Lembrade que debedes achegar tamén unha copia do DNI actualizado.
 

Para máis  información sobre o proceso de matriculación podedes acceder ao seguinte enlace Tramitación de matrículas

 

Nota para o alumnado procedente doutro centro

O alumnado que proceda doutro centro de ensino e queira solicitar matrícula en 2º curso DEBERÁ presentar previamente solicitude de admisión (Anexo I) na Secretaría do centro entre o 23 de xuño e o 5 de xullo, xunto coa fotocopia de DNI; certificación académica na que conste o expedente académico do centro de ensino onde realizou o último curso e certificación académica na que conste o expedente académico e nota media coa que accedeu ao ciclo, sendo os criterios para a admisión os recollidos no capítulo III da Orde do 15/06/2016 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicada no DOG nº 120 do 27 de xuño 2016.

Outras novas