Residencia

OBRADOIRO DE MODELADO CON FIMO

cartel obradoiro fimo _ 25 abril 2023_resized.jpg

Este Martes 25 de Abril de 2023 o alumnado residente do IES Rosalía Mera poderá participar nun obradoiro de modelado con FIMO, onde deixar voar a súa imaxinación a través da creación de pezas personalizadas ao seu gusto.

Un DIY en toda regra no que poderán crear os seus propios accesorios como pendentes, aneis, chaveiros, marcapáxinas, figuras, etc. O FIMO permitiralles crear desde cero cunha pasta fácil de modelar apta para os principiantes. Unha vez creada a peza desexada, aplicado calor e arrefriada, este tipo de pasta permite lixar, puír, furar, vernizar... para darlle un acabado perfecto ás pezas.