A Consellería de educación ven de publidar as listaxes da 2ª adxudicación ordinaria nos ciclos formativos de formación profesional.
O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o xoves 2 de setembro ata as 13:00 horas do luns 6 de setembro de 2021
Co fin de garantir a confidencialidade cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC) nas listaxes. O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision ou directamente nesta ligazón.
- Instrucións para obter o código persoal de consulta
- Acceso á aplicación informática
A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
A documentación necesaria para facer a matrícula no IES Rosalía Mera podedes atopala no seguinte enlace MATRÍCULA DE ALUMNADO 1º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2021-2022
A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional ou vía web (pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP")
PARA CONSULTAR AS LISTAXES PODES ACCEDER A PÁXINA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN A TRAVÉS DO SEGUINTE ENLACE: