Secretaría

Aberto o prazo para solicitar as validacións de módulos profesionais


martes, 12 de setembro de 2023

O alumnado do IES Rosalía Mera que queira  solicitar a validación de estudos cursados con módulos profesionais do ciclo formativo de FP no que estades matriculad@s para o curso 2023-2024 tedes aberto o prazo para solicitar a validación correspondente.

PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE VALIDACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS?

Prazo máximo de entrega: ata o 29 de setembro de 2023

ONDE HAI QUE PRESENTAR A SOLICITUDE?

Na Secretaría do IES Rosalía Mera

DOCUMENTACIÓN NECESARIA QUE TEDES QUE ENTREGAR?

1) A solicitude de validación de módulos formalizarase no modelo ANEXO XIV da Orde 12 de xullo de 2011 debidamente cuberto ou o Anexo IV da Orde ECD/2159, de 7 de novembro, se a resolución de validación corresponden ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Nota: Neste enlace podes ver códigos de módulos dos ciclos formativos

2) Fotocopia compulsad DNI da alumna ou alumno solicitante.

3) Certificación académica oficial onde conste o módulo/s aprobado/s para o que solicita a validación.

 

Para obter máis información podedes encontrala no seguinte enlace da páxina web do IES Rosalía Mera Validacións 

 

Outras novas