Residencia

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE DE RESIDENCIA OU MEDIA PENSIÓN CURSO 2020-2021


Aberto o prazo de solicitude de servizos na Residencia IES Calvo Sotelo.

Dende este luns, pode achegarse a documentación solicitada para acceder ás prazas de Residencia e Comedor que a Deputación da Coruña pon ao dispor do alumnado do IES Calvo Sotelo para o curso 2020/2021.

Para poder garantir as medidas de seguridade frente ao COVID-19, a información darase preferentemente por vía telefónica nos teléfonos 981 080 408 ou 650 78 35 27; a tramitación das solicitudes realizarase mediante o sistema de cita previa contactando nos anteriores teléfonos ou na dirección de correo electrónico residencia.calvosotelo@dacoruna.gal.

*Nota: Debido á actual situación sanitaria, o número de prazas ofertadas pode variar atendendo ás indicacións das autoridades pertinentes.