Certame de teatro

Suspensión Temporal do XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña


Debido ás instrucións das autoridades sanitarias e educativas en relación á prevención da propagación do coronavirus (COVID-19) e lamentándoo moito, temos que comunicar que o XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña vese obrigado polo momento a aprazarse ata despois da Semana Santa.  

 

Esto significaría que mínimo, tódalas obras programadas ata o xoves 16 inclusive, quedan suspendidas. En función de cómo evolucionen os acontecementos tomaránse as determinacións precisas sobre a continuidade da organización do certame.

Asi mesmo, queda anulada tamén a reunión de representantes das compañías  e directores e directoras que íamos convocar o día 24 de marzo.

Manterémosvos informados e informadas en todo o que nos sexa posible referente á organización do Certame.

Moitas grazas pola vosa comprensión e desexamos que a situación que actualmente estamos a vivir volva á normalidade o máis pronto posible.

 

Unha aperta e longa vida ao teatro!

 

Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña