Certame de teatro

VÍDEO DO XXIII CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA


O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXIII edición, tiña contemplada na súa programación dar acollida a 105 obras de teatro representadas por diversos grupos, compañías e centros escolares durante os meses de abril, maio e xuño nas instalacións do IES Calvo Sotelo.

Debido á crise sanitaria provocada pola COVID-19, esta edición viuse cancelada.

Co fin de elaborar unha pequena homenaxe a esta edición cancelada,cerca de duascentas actrices, actores, directoras, directores e xurado que ían formar parte da mesma, colaboraron na realización dunha videmontaxe gravando nas súas casas durante o confinamento  un pequeno fragmento do texto orixinario da obra "La vida es sueño" de Pedro Calderón de La Barca. 

Este é o resultado.