Secretaría

Publicadas as listaxes da 2ª adxudicación ordinaria nos ciclos FP. Prazos de matrícula. Convocatoria Curso 2021-2022


Mércores, 28 de xullo de 2021

A Consellería de educación ven de publidar as listaxes da 2ª adxudicación ordinaria nos ciclos formativos de formación profesional.

prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o mércores 28 de xullo ata as 13:00 horas do venres 30 de xullo de 2021.

Co fin de garantir a confidencialidade cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC) nas listaxes. O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision ou directamente nesta ligazón.

 

Réxime ordinario

A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A documentación necesaria para facer a matrícula no IES Rosalía Mera podedes atopala no seguinte enlace MATRÍCULA DE ALUMNADO 1º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2021-2022 

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional ou  vía web (pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP")

PARA CONSULTAR AS LISTAXES ACCEDE A TRAVÉS DOS SEGUINTES ENLACES DA XUNTA:

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

 

Para máis información ir   ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS da páxina da Consellería de Educación

Outras novas