Residencia

SEMANA DA MULLER

cartel semana da muller_marzo 2023.jpg

Con motivo do 8M, día da muller, o alumnado residente do IES Rosalía Mera terá a oportunidade de participar en diversas actividades ao longo da semana.

 

O luns na actividade semanal Recreando poderán elaborar carteis e pancartas reivindicativas.

En Expresando, o martes, falarase sobre o significado deste día e que lles evoca a eles/elas. Ademais este día, realizarase unha Xincana na que terán que buscar QR por toda a residencia con preguntas sobre o día da muller

Para finalizar, os/as interesados/as acudirán en grupo á manifestación.