A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de poñer en marcha o procedemento para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de Formación Profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.
Cales son os niveis de acreditación en competencias dixitais que pode obter o alumnado de FP?
- Acreditación do nivel de iniciación en competencias dixitais.
- Acreditación do nivel intermedio en competencias dixitais.
Como pode obter a acreditación en competencias dixitais o alumnado do curso 2023-2024?
1) A través da obtención dun dos seguintes títulos:
A) PARA ACREDITAR O NIVEL DE INICIACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS:
- Título de técnico básico en Artes Gráficas, Carpintería e Moble ou Fabricación e Montaxe.
B) PARA ACREDITAR O NIVEL INTERMEDIO EN COMPETENCIAS DIXITAIS:
- Título de técnic@ en Instalacións Eléctricas e Automáticas.
- Título de técnic@ superior en Mecatrónica Industrial ou en Deseño e Xestión da Produción Gráfica.
2) A través da superación dunha proba específica:
O alumnado de 2º curso de FP Básica poderá presentarse a unha proba específica e, de superala, poderá acreditar o nivel intermedio en competencias dixitais.
3) A través da superación dunha proba e simultaneamente a obtención dunha das seguintes titulacións:
O alumnado de 2º Mecanizado, Soldadura e Caldeiraría, Preimpresión Dixital e Impresión Gráfica poderá acreditar o nivel intermedio en competencias dixitais se supera unha proba exclusiva da área de dominio 4 (seguridade e privacidade) e simultaneamente titule no curso 2023-2024.
Como se pode inscribir nas probas específicas?
O alumnado interesado en solicitar a participación nestas probas poderá facelo presentando na Secretaría do centro o ANEXO I debidamente asinado (en caso de menores deberá asinar a persoa responsable do mesmo). Tamén poderá enviar a solicitude ao correo electrónico do centro ies.rosaliamera@edu.xunta.gal
Prazo para a inscrición?
As persoas interesadas en participar nestas probas poderán presentar a solicitude de inscrición na proba ATA o DÍA 22 DE MAIO ás 13.00 HORAS.
Características das probas:
Nivel intermedio (completo)
- Batería de 60 preguntas (12 por área).
- Tempo máximo de 90 minutos.
- Para superar a proba de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, e será necesario ademais obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das 5 áreas.
Nivel intermedio (área 4)
- Batería de 12 preguntas.
- Tempo máximo de 20 minutos.
- Para superar esta proba da área 4 de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 60% do total de preguntas.
Información sobre as probas:
- O centro informará ao alumnado matriculado nas mesmas da AULA, DATA e HORARIO da realización da proba.
- O alumnado interesado nas probas poden realizar unha proba de exemplo do nivel intermedio na seguinte ligazón:
DEMO PROBA COMPETENCIAS DIXITAIS (NIVEL INTERMEDIO)
- O contido do Marco Galego de Competencias Dixitais pódese consutlar na seguinte LIGAZÓN