Residencia

"LA BRÚJULA" - PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE O CONSUMO DE DROGAS E ALCOL

cartel la brujula novembro 2021_mesa de trabajo 1.jpg

O vindeiro luns 15, o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera participará no programa "La Brújula" de sensibilización sobre o consumo de drogas e alcol. Actividade organizada pola Fundación María José Jove e impartida por ACLAD (Asociación Cidadá de Loitas Contra a Droga da Coruña). 

Este programa procura fomentar o pensamento crítico na capacidade de toma de decisións, así como unha adecuada xestión emocional en resposta á presión grupal.

Tratan que o alumnado tome conciencia da importancia de adquirir habilidades sociais como recursos que lles capaciten e achéguenlles competencias na vida cotiá.

Así mesmo, promoveranse estilos de vida saudables libres de adiccións, tanto comportamentais como á substancias, xerando actitudes positivas e sas no tempo de lecer.