O alumnado residente do IES Rosalía Mera participará os días 8 e 16 de febreiro de 2022 nun obradoiro de primeiros auxilios.
A importancia dunha primeira intervención rápida e adecuada nunha situación de emerxencia é o eixo central deste obradoiro.
Aprenderán os conceptos, fundamentos e técnicas básicas de primeiros auxilios (feridas, traumatismos, RCP, inmobilizacións, accidentes...); así como, adquirirán as destrezas básicas para actuar de forma segura e eficaz ante situacións cotiás nas que se requira dunha actuación de emerxencia.