Secretaría

Publicación da listaxe provisional de solicitudes de admisión a ciclos formativos. Curso 2021-2022


Luns, 12 de xullo de 2021

A Consellería de Educación ven de publicar as listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do luns 12 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 14 de xullo de 2021.

PARA OBTER O CÓDIGO PERSOAL DE CONSULTA ►

As listaxes, onde as persoas interesadas podedes consultar se estades admitid@s,  garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC).

Para saber como se obten o  CPC ir a: Instrucións para obter o código persoal de consulta e Acceso á aplicación informática

 

PARA CONSULTAR AS LISTAXES ►

Réxime ordinario

  
Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

 Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.


A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.


 

Para máis información ir a CICLOS FORMATIVOS DA  CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 

Outras novas