Residencia

SEMANA DO AMOR

cartel semana do amor opcion 2.jpg

Con motivo da celebración de San Valentín o alumnado residente do IES Rosalía Mera poderá participar en diversas actividades relacionadas co amor, non só de parella, senón no sentido máis amplo (amor de amigos, de pais, de fillos/as . . .).

A pasada semana prepararon na actividade Recreando sobres cos nomes de todos para facer un gran mural na residencia, de tal maneira que se poidan deixar notas de agarimo, amor, amizade uns a outros.

Continuaremos coas charlas de temática afectivo - sexual, para finalizar a semana cunha proxección audiovisual relacionada co amor.