Residencia

OBRADOIRO DE PINTURA DE TAZAS E TOTE BAG

cartel pintura taza y tote bag-01.jpg

A partir do día 8 de novembro de 2021 e durante un par de semanas, o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera poderá expresar a súa creatividade nun taller de pintura.

Neste obradoiro de expresión artística terán que aprender a utilizar as técnicas específicas de pintura segundo o material a pintar, do mesmo xeito que deberán elixir ou crear o tipo de debuxo que queren plasmar. Deben adecualo en canto a tamaño e cor aos materiais a pintar.

Poderán deseñar tanto a súa propia cunca como a súa propia tote bag, que despois de aplicarlles as técnicas específicas de secado poderán utilizar e lucir de forma duradeira.