Residencia

TORNEOS MULTIXOGOS - 1º TRIMESTRE

cartel badminton_mesa de trabajo 1.jpg

Un ano máis o alumnado da Residencia Rosalía Mera terá a oportunidade de amosar as súas habilidades nos torneos multixogos. Para este trimestre están programados os torneos de Brilé e Bádminton, que saíron elixidos como os máis votados polos/as residentes.

 

Hoxe disputarase o torneo de brilé e a partir da próxima semana celebrarase o torneo de bádminton durante as seguintes tres semanas. No caso do brilé axustouse a normativa para que ao final resulte vencedor un único xogador/a.

Os gañadores/as de cada torneo pasarán a formar parte do salón da fama da residencia do curso 2021 - 2022.