Residencia

Semana da Non Violencia

cartel semana non violencia 2023.jpg

Con motivo do día da Paz e da Non Violencia, que se celebra hoxe 30 de xaneiro, o alumnado da Residencia Rosalía mera poderá participar durante toda a semana nun par de actividades relacionadas con esta temática.

Nun primeiro obradoiro traballaranse, a través da posta en común e o debate, formas de comunicación non violenta e a asertividade.

Nunha segunda parte partindo da reflexión, a instrospeción e tendo en conta as vivencias propias de cada un; faranse carteis con exemplos de maneiras non violentas de pedir ou solicitar algo, para a continuación decorar as distintas zonas da residencia cos mesmos.