Secretaría

A Concellaría de Educación do Concello de Coruña publica a Guía Ti Elixes! 2023

p_contenido_1453587813818_1099934327828_1200_1000_u_94cebc3095b484da6e36e86c9b129e1c.png

A Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello, con motivo da organización  das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional,  ven de publicar a edición 2023 da Guía Ti Elixes!

Esta guía, cuxa información foi recompilada pola Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña,  pon a disposición da mocidade unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as dúbidas e cuestións de interese para a comunidade educativa, como poden ser a oferta de estudos,  bolsas, residencias universitarias,  prácticas profesionais etc.

As persoas interesadas en coñecer esta guía podedes acceder a ela pinchando no seguinte enlace ►

 

Guía Ti Elixes! 2023

Outras novas