Residencia

GellyBall e Tiro con Arco

cartel arco e gellyball_12 outubro 2022.jpg

Aproveitando o día festivo, o alumnado residente do IES Rosalía Mera poderá participar nas actividades de GellyBall e Tiro con Arco.

Este día festivo servirá para que o alumnado residente poña a proba a súa habilidade e destreza, de forma individual e en equipo.

Por unha banda, iniciaranse no tiro con arco, poñendo a proba a súa puntería para ver quen é o máis certeiro coa diana.

No GellyBall participarán en diferentes xogos, nos que terán que disparar cunhas pistolas equipadas con bolas de xel para lograr ser o vencedor en xogos de eliminación por equipos e/ou individuais como o rei da pista, atrapa a bandeira, etc.

Para finalizar o día, xa de noite, comezaremos cos torneos multixogos. Nesta ocasión, comezaremos co torneo de brilé no que os equipos loitarán por ser os vencedores e gañar unha praza para o agasallo final que outorga cada torneo multixogos.